DAFO diego paz

 

DAFO


¿ En qué consiste un DAFO?

O DAFO é un estudo interno e externo da empresa co obxectivo de determinar a súa situación real dentro do mercado. O nome, que é en realidade unha sigla, responde á unión da primeira letra das palabras Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades.

Por dicilo en termos máis elevados: o DAFO é a ferramenta de análise estratéxica por excelencia no mundo dos negocios. Serve para atopar solucións a vellos problemas, atopar as trabas que obstaculizan o crecemento do noso negocio, achar unha solución a problemas de difícil decisión e identificar as posibles modificacións necesarias.


¿ Cómo facer un DAFO?




Para empezar necesitamos identificar a situación actual da empresa, observar os parámetros da nosa actividade tanto interna e externa; colleitar toda esa información e ordenala para poder dispoñer dela con facilidade nas análises que emprenderemos a continuación. Acto seguido e para rematar, debemos completar seguindo o esquema da fotografia, concretando así o que necesitamos resaltar.
DAFO WATERPOLO
SITUACIÓN INTERNA DEBILIDADES: Asócianse á práctica deste deporte patoloxías en estruturas como os ombreiros, os xeonllos, a cabeza e as costas. Os xogadores de waterpolo teñen que ter en conta que as súas costas poden sufrir cambios estruturais ou lesións se non se coidan cando están fóra da piscina.As lesións máis frecuentes sufridas por xogadores de waterpolo son as que afectan á cabeza e ao ombreiro. Entre as primeiras, destacan as lesións dentais e oculares durante a práctica do deporte, e entre as segundas, as lesións en ombreiro, cóbado e man debido ao xesto que se realiza ao lanzar o balón.
Así mesmo, tamén son frecuentes os problemas de xeonllo —ligamentos laterais e menisco sobre todo— debido ao constante xesto de patada. FORTALEZAS: No caso do waterpolo, como se practica en auga, as súas achegas son múltiples, entre eles: 1. Mellora a resistencia cardiopulmonar. 2. Estimula a circulación sanguínea. 3. Favorece o mantemento dunha presión arterial estable e a diminución das probabilidades de sufrir enfermidades ao corazón. 4. Permite o desenvolvemento de habilidades físicas e psíquicas. 5. Estimula a sincronización motriz fina, debido a que demanda precisión para executar pases ou tiros a gol.
SITUACIÓN EXTERNA
AMEAZAS: Existen ameazas como outros deportes de maior reclamo ou máis maioritarios que eclipsan un pouco o esforzo que se realiza para chegar á élite deste deporte. En menor escala, tamén hai deportes que en categorías inferiores chaman máis aos nenos dado o baixo marketing que o arrodea. En definitiva, as principais ameazas son: - Outros deportes - Alto esforzo, moitas horas de entrenamiento.
OPORTUNIDADES: Tendo en conta o clima e que se xoga nunha piscina poderíase reclamar a atención da xente con torneos ou campamentos de verán subvencionados, evitando así un custo moi alto para a persoa que proba o deporte.

 











Comentarios