Comentario del Canva con ayuda de la Experta (3ª AV.)

 Nesta avaliación recibimos a visita dunha profesora do centro especializada na realización do canva, o cal na clase denominou coma un mapa que nos axuda a saber o público ao que debemos destinar a nosa inversión, o lugar no que podemos desenvolver o noso proxecto e demáis factores comentados a continuación.

O canva que nos realizamos ( subido noutra entrada do blog) tiña erros, algo comprensible dado que era a primeira vez que tentabamos realizar un para un proxecto propio, sen embargo, coa axuda da especialista, chegamos ás seguintes conclusións:

- Os nosos aliados van ser, no caso de localizar o cyber nun centro comercial, o concello, xa que para permitirnos localizarnos aí, era unha boa idea chegar a un acordo con este e ofertar servizos á comunidade a cambio dunha rebaixa dos costes por estar no centro comercial.

- As actividades clave, efectivamente son as que nos considerabamos nun principio, engadindo, por exemplo, clases para repaces de forma gratuita ( a cambio da rebaixa do concello).

- A proposta de valor sería a mesma, ademáis de que buscaríamos medrar e chegar á élte, organizando incluso eventos internacionais de eSPORTS (os deportes de consola) , claro que iso é un proxecto a longo prazo.

- O resto do canva sería igual, coas modificacións mencionadas poderíamos chegar lonxe dado que máis que un  cyber, a longo prazo o convertiriamos nun centro de competicións.



Así quedaría o nosos CANVA:






Comentarios